venres, 23 de maio de 2014

REMATOU O CURSO

O pasado martes día 20 finalizou o curso de manualidades impartido por Idoia Castro. No que aprendemos a facer moitas cousas cos telares asi como diferentes figuras con cola de ratón, ata cinturóns para que non nos caian os pantalóns.....

Logo de 4 horas na última clase fumos tomar uns viños e pinchos a Tapería Arguiñano onde botamos unhas risas e palicamos un chisco.

CURSO MANUALIDADES 2014 on PhotoPeach

venres, 9 de maio de 2014

NOVO CURSO OS XOVES

Fai un par de semamas que comezou os xoves outro curso no que aprenderemos a facer  PATWORK, AMIGURRIS e moitas mais cousas.

sábado, 15 de marzo de 2014

COMEZO DO CURSO DE MANUALIDADES

Comezou o curso de manualidades impartido por Idoia. Nel ensinaranos técnicas como tecer en telares (circulares, rectangulares e triangulares) asi como macramé.








XUNTANZA PARA COMER O COCIDO

O día 9 de marzo xuntámonos para compartir o xantar típicos destas datas, o cocido. Reunímonos ó redor de 70 persoas no Restaurante "O Muiño" de Meira.