HISTORIA DA ASOCIACIÓN

O 6 de novembro de 1985 nace a Asociación de amas de casa da man de Rosa Dorrego, Angelines Fernández, Beatriz Fraga e Charo Cepeda.
Fúndase despois de que un grupo de amas de casa de Lugo imparan un curso de cociña en Meira e animaran as mulleres asistentes a formar aqui a devandita asociación.
As primeiras reunións da mesma foron no Colexio Público pasando anos despois a un local cedido por unha persoa gratuitamente ata que finalmente o Concello lles concedeu un local gratuito e exclusivo para levar a cabo as xuntanzas.
Estas xuntanzas, que actualmente se realizan os mércores casa 15 días (despois de domingo de feira), lévanse a cabo durante un periodo que abrangue dende o mes de outubro ata o mes de xuño.
Durante estes anos de andanza son moitas as actividades que realizaron. Fixeronse cursos de cociña, nutricion, ganchillo, floristería. Asi como excursións visitando o congreso e senado, o norte, sur e centro de España e Portugal ata Lourdes (Francia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario